"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

lunes, 26 de marzo de 2012

LILITH











Lilith, boceto en barro para escultura (versión libérrima)
¡Pero que Lilith máis panoli me saiu, por Deus! Non se pode ser máis pánfila.
Esta feiticeira alada da noite non semella nin voluble , nin perversa senon libre e inocente, como Lilith!)





O RETORNO DE LILITH

Eu son Lilith, a deusa de dúas noites que volve do seu exilio.

Son Lilith, a muller destino. Ningún macho escapa á miña sorte e ningún macho quixera escapar.

Son as dúas lúas Lilith.
A negra non está completa senón pola branca, xa que a miña pureza é a faísca do desenfreo e a miña abstinencia, o inicio do posible.
Son a muller-paraíso que caeu do paraíso, e son a caída-paraíso.

Son a virxe, rostro invisible da desvergonza, a nai-amante e a muller-home. A noite, pois son o día; a costa dereita, pois son a esquerda; e o Sur, pois son o Norte.

Son a muller festín e os convidados ao festín.
Chámanme a feiticeira alada da noite, a deusa da tentación e do desexo.
Nomeáronme patroa do pracer gratuíto e da masturbación e liberáronas da condición de nai para que sexa o destino inmortal.

Son Lilith, a dos brancos seos. Irresistible é o meu encanto, pois os meus cabelos son negros e longos e de mel son os meus ollos. A lenda conta que fun creada da terra para ser a primeira muller de Adán, pero non me sometín.

Son Lilith que retorna do calabozo do esquecemento branco, leoa do señor e deusa de dúas noites.
Eu reúno aquilo que non pode ser reunido na miña copa e béboo xa que son a sacerdotisa e o templo.
Esgoto toda embriaguez para que non se pense que me podo saciar.
Fágome o amor e reprodúzome para crear un pobo da miña liñaxe, xa que mato os meus amantes para dar paso aos que aínda non me coñeceron.

Son Lilith, a muller selva.
Non souben de espera desexable, pero si de leóns e de especies puras de monstros. Fecundo todos os meus flancos para fabricar o conto.
Reúno as voces nas miñas entrañas para que se complete o número de escravos.
Devoro o meu corpo para que non se me diga famélica e bebo a miña auga para nunca sufrir de sede.
As miñas trenzas son longas para o inverno e as miñas maletas non teñen cuberta.
Nada me satisfai nin me sacia e aquí estou de regreso para ser a raíña dos extraviados no mundo.

Son a gardiá do pozo e o reencontro dos opostos.
Os bicos sobre o meu corpo son as feridas daqueles que trataron.
Dende a frauta das coxas ascende o meu canto, e dende o meu canto a maldición expándese en auga sobre a terra.

Son Lilith, a leoa sedutora.
A man de cada servente, a ventá de cada virxe.
O anxo da caída e da conciencia do sono lixeiro.
Filla de Dalila, de María Magdalena e das sete fadas.
Non hai antídoto contra a miña maldición.
Pola miña luxuria elévanse as montañas e ábrense os ríos.
Regreso para penetrar cos meus fluxos o veo do pudor e para limpar as feridas da falta co aroma do desenfreo.

Dende a frauta das coxas ascende o meu canto
e pola miña luxuria ábrense os ríos.
Como podería non haber mareas
cada vez que entre os meus labios verticais brilla un sorriso?

Porque son a primeira e a última
A cortesá virxe
O cobizado temor
A adorada repudiada
E a reunión nua,
Porque son a maldición do que antecede,
O pecado desapareceu dos desertos cando abandonei a Adán.
El equivocouse por completo, esnaquizou a súa perfección.
Fíxeno descender a terra, e para el iluminei a flor da figueira.

Son Lilith, o segredo dos dedos que insisten.
Perforo o sendeiro, divulgo os sonos, destrúo cidades de homes co meu diluvio. Non reúno dous de cada especie para a miña arca. Máis ben transfórmoos a todos para que o sexo se purifique de toda pureza.

Eu, versículo da mazá, os libros escribíronme aínda que vostedes non me lesen. O pracer desenfreado, a esposa rebelde, a realización da luxuria que conduce á ruína total. Na loucura entreábrese a miña vestimenta. Os que me escoitan merecen a morte e os que non me escoitan morrerán de despeito.

Non son remisa nin a egua dócil,
son o estremecemento da primeira tentación.

Non son remisa nin a egua dócil,
Son o esvaecemento do último pesar.

Eu, Lilith, o anxo desvergonzado. A primeira egua de Adán e a corruptora de Satán. O imaxinario do sexo reprimido e o seu máis alto berro.

Tímida, pois son a ninfa do volcán; celosa, pois a doce obsesión do vicio. O primeiro paraíso non me puido soportar. E botáronme del para que semente a discordia sobre a terra, para que dirixa nos leitos os asuntos dos que a min se someten.

Son Lilith, o destino dos coñecedores e a deusa de dúas noites. A unión do sono e da vixilia. Eu, a poeta feto, perdéndome gañei a miña vida. Regreso do meu exilio para ser a esposa dos sete días e as cinzas de mañá.

Eu a leoa sedutora regreso para cubrir de vergoña ás submisas e reinar sobre a terra. Regreso para sandar a costela de Adán e liberar cada home da súa Eva.

Eu son Lilith
E volvo do meu exilio
Para herdar a morte da nai que criei.




Joumana Hadda

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.