"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

viernes, 18 de mayo de 2012

CREATIVIDADE X: EXPOSICIÓN INTERPLANETARIA

" É o tempo que perdiches con ela o que fai á túa rosa tan importante. 
 -É o tempo que perdín coa miña rosa...- repetiu o principiño para se acordar. 
-Os homes esqueceron esta verdade -dixo o raposo-, pero ti non a debes esquecer. Es responsable para sempre daquilo que domesticaches. Es responsable da túa rosa... 
-Son responsable da miña rosa... -repetiu o principiño para se acordar. "

Claude-Achille Debussy - Arabesque nº1










E chegou o gran día : 21 de maio, un día despois de que se produciran varios fenómenos asombrosos na galaxia : o eclipse anular, a aliñación do sol, da terra , da lúa e das pléiades e , xusto  ao día seguinte...


¡¡¡ Inauguración da Exposición Interplanetaria sobre O Principiño no IES Leliadoura de Ribeira!!!


E o máis marabilloso: ¡¡¡O Principiño "in person", con asteroide incorporado , non quixo perderse o evento, e participou, como un máis, na lectura multilingüe que se realizou esta mañá nas Sala de Usos Múltiples!!!





 A Sala converteuse nunha auténtica Torre de Babel .
Castelá, rumano, francés, inglés, chinés, árabe, galego,  latín e italiano foron as linguas nas que se leu "O Principiño".







Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.
Grazas tamén ao principiño Brais,  por desempeñar tan ben o seu papel.


 24 de maio : VISITA DOS PRINCIPIÑOS E PRINCESIÑAS











 








 Con esta exposición pretendemos renderlle unha homenaxe ao pequeno príncipe e ao seu mundo. El serviunos de inspiración para dar saída á creatividade e a imaxinación non só do alumnado do IES Leliadoura, senón a dos nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil de Pobra do Caramiñal, e, como non, tamén do profesorado. Porque se trata dunha obra inspiradora, chea de fondas reflexións éticas e filosóficas e impregnada, de principio a fin,  dun profundo alento poético.  Só hai que soltarse un pouco para que o neno das estrelas nos abrace e encha o noso corazón de tenrura e fantasía , activando ese lado dereito do noso cerebro que tantas gañas ten de crear e imaxinar.

Nas entradas introdutorias  a este proxecto sobre educación e creatividade, prometía conclusións. Neste momento só hai unha : ¡Uf! ¡Que cansazo!, pero tamén ¡que satisfacción!.

De novo agardo que vos divirtades tanto como nós.

Esta mostra contén traballos moi diversos :

-  “O principiño ilustrado”, realizado polo alumnado de Educación Plástica e Visual do IES Leliadoura. Os 27 capítulos ilustrados polo alumnado de Pura Villar Martínez.

- Escenografía para curtas de animación sobre esta obra.

- O traballo titulado “Isto non é un sombreiro” , ilustracións inspiradas no primeiro capítulo da obra, realizado tamén polo alumnado de Educación Plástica e Visual.

- Escenografía e atrezzo de personaxes de “O Principiño”, elaborado por alumnos/as de 4º de Diversificación de Mónica Montero.

- Galería de planetas e estrelas, dos alumnos de Educación Infantil das EEIs Vilariño e Fernández Varela, coordinado por Alicia Souto Veciño e Mª Josefina Pacheco Etchevers.

- Exposición bibliográfica da obra en 20 linguas distintas, libros pertencentes a unha colección particular.

- Principiños realizados polo alumnado de 1º de ESO, coordinados por  Mercedes Fariña e Antonio Cora  .

Isto que ven a continuación é só unha pequena mostra.

Estades todos e todas invitados á Exposición Interplanetaria do IES Leliadoura, que estará aberta ao público do 21 de maio ao 8 de xuño de 2012 .



O Principiño ilustrado

Escenografías para curtas de animación sobre "O Principiño"

Montaxe "Isto non é un sombreiro", alumnado de Educación Plástica e Visual.

Asteroide B612. Escenegrafía e atrezzo realizado polo  alumnado de 4º de Diversificación.
 Teño razóns ben serias para crer que o planeta de onde viña o principiño é o asteroide B 612. este asteroide non foi visto máis que unha vez, con axuda do telescopio, por un astrónomo turco, no ano 1909.

O faroleiro. Escenografía e atrezzo realizado polo alumnado de 4º de Diversificación.
Este —ía dicindo para si o principiño mentes seguía máis lonxe a súa viaxe —, este sería desprezado por todos os demais, polo rei, polo vaidoso, polo bebedor, polo home de negocios. Nembargantes, el é o único que non me parece ridículo. Quizais porque se preocupa doutra cousa que de si mesmo".


O Bebedor. Escenografía e atrezzo elaborado por alumnado de 4º de Diversificación

O planeta seguinte estaba habitado por un bebedor. Esta visita foi moi curta, pero sumiu ó principiño nunha gran melancolía.
¿Que fas aí? —preguntoulle ó bebedor, que estaba sentado en silencio dediante dunha colección de botellas baleiras e outra coleccion de botellas cheas.
¡Bebo! —respondeu o bebedor con ton lúgubre.
¿Por que bebes? —preguntou o principiño.
Para esquecer.
¿Para esquecer que —inquiriu o principiño, xa compadecido.
Para esquecer que sinto vergonza —confesou o bebedor baixando a cabeza.
¿Vergonza de que? —preguntou o principiño, que quería socorrelo.
¡Vergonza de beber! —dixo o bebedor, que se pechou definitivamente no silencio.
O vaidoso. Escenografía e atrezzo. 4º de Diversificación
O segundo planeta estaba habitado por un vaidoso.
¡Ah! ¡Ah!, vénme visitar un admirador —berrou dende lonxe o vaidoso cando viu o principiño.
Porque para os vaidosos todos os demais homes son admiradores.
O rei. Escenografía e atrezzo. 4º de Diversificación.


O primeiro estaba habitado por un rei. O rei, vestido de púrpura e de armiño, estaba sentado nun trono moi simple, pero maxestoso.
¡Ah! —exclamou o rei ó divisar o principiño —. Aquí temos un súbdito.
E o principiño preguntouse:
¿Como me pode recoñecer se non me viu endexamais?
Non sabía que para os reis o mundo está moi simplificado. Todos os homes son súbditos.
O home de negocios. Escenografía e atrezzo. 4º de Diversificación.  Estrelas da nosa estrela Marusela.
Se eu teño un pano de seda, podo levalo arredor do pescozo. Se teño unha flor, podo collela e levala. ¡Pero ti non podes coller as estrelas!
Non, pero podo metelas nun banco.
¿Qué quere dicir iso?
Quere dicir que escribo nun papel o número de estrelas que teño e logo péchoo con chave nun caixón.
¿E iso é todo?
Abonda.


O xeógrafo. Escenografía e atrezzo. 4º de DiversificaciónVersion
Si, claro —dixo o xeógrafo—, pero non son explorador. E non teño exploradores. E o xeógrafo non vai andar contando as cidades, os ríos, as montañas, os mares, os océanos e os desertos. O xeógrafo é demasiado importante para andar dun sitio para outro. Non sae do despacho, pero recibe os exploradores. Pregúntalles e toma nota dos seus recordos. E se os recordos dun deles lle parecen interesantes, o xeógrafo manda facer un inquérito sobre a moralidade do explorador.

Planetas realizados por alumnado de Educación Infantil do Fernández Varela de PObra do Caramiñal


Planetas realizados por alumnado da EEI Vilariño de PObra do Caramiñal

Mostra bibliográfica de "O Principiño" en 20 linguas diferentes

A serpe. Realizada por Alba de 1º de ESO
 
Es un bicho raro— díxolle ó cabo—, tan delgado como un dedo
Pero son máis poderosa có dedo dun rei —contestou a serpe.
O principiño sorriu:
Ti non es poderosa… Non tes patas… nin podes viaxar…
Eu pódote levar máis lonxe que un navío —dixo a serpe. Enroscouse arredor do nocello do principiño, como unha abrazadeira de ouro.
Ó que lle toco, fágoo volver á terra de onde saíu. Pero ti es puro e vés dunha estrela…
O principiño non respondeu.
Dásme pena, ti, tan débil sobre esta terra de granito. Pódote axudar se un día botas moito de menos o teu planeta. Podo…
¡Oh! Xa te comprendín —dixo o principiño—, pero ¿por que falas sempre por medio de enigmas?Eu resólvoos todos —dixo a serpe.
E calaron.

Algúns dos principiños creados por alumnos e alumnas de 1º de ESO. En canto teña tempo, volos mostrarei nunha presentación (thanks, Tista).













4 comentarios:

  1. Estas fotos me hacen inmensamente FELIZ!!! Qué colección increíble de principitos! Y qué escenografías maravillosas!!!
    Es de verdad una exposición alucinante, estratosférica,
    interplanetaria, que coincide con la alineación del sol y la luna!!!
    Ese principito al lado de su rosa me ha cautivado!!!!
    Debes sentirte muy satisfecha, estos trabajos son un premio en sí mismos, una semilla de creatividad que brota muy joven en este mundo sediento de ilusiones...

    ResponderEliminar
  2. La verdad es que sí.
    Todos los que participamos en este proyecto , estamos contentos, sobre todo por la buena acogida que tuvo entre los alumnos.
    El objetivo se ha cumplido plenamente: han leído, disfrutado y RE-creado la obra. Y ahí están los resultados.
    Que esta exposición le haya gustado a una gran artista como tú, "nos llena de orgullo y satisfacción"(con tanto principito, ya hablo como un rey mataelefantes).
    Gracias, amiga y un beso de rana, de las que no se convierten en príncipe (por favor).

    ResponderEliminar
  3. Me faltan las palabras corazón,te superas a tí misma constantemente y nos dejas alucinados a los demás.Muchas felicidades por tu trabajo tus alumnos pueden considerarse tremendamente afortunados por tener una profe que los lleve de la mano al mundo de la consciencia, pues para ello antes hay que pasar por el de la magia que tú le pones.
    Gracias por compartirlo.
    Un beso
    Venusiana

    ResponderEliminar
  4. Comparto tus felicitaciones con todos los compañeros y compañeras implicados en la aventura. Por supuesto, también con los alumnos y alumnas, porque de ellos es la rosa. Mi único mérito es ser una loca obsesiva.
    Un beso, querida.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.