"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

lunes, 26 de noviembre de 2012

DOMINGOS DE CINE

LA PARTE DE LOS ÁNGELES:

Vale, si, inverosímil como a vida mesma, pero tan bonita...!


"Nasrudin solía cruzar la frontera todos los días, con las cestas de su asno cargadas de paja. Como admitía ser un contrabandista cuando volvía a su casa por las noches, los guardas de la frontera le registraban una y otra vez. Registraban su persona, cernían la paja, la sumergían en agua, e incluso la quemaban de vez en cuando. Mientras tanto, su prosperidad aumentaba visiblemente. Un día se retiró y fue a vivir a otro país, donde, unos años más tarde, le encontró uno de los aduaneros. - Ahora me lo puedes decir, Nasrudin - le interpeló-. ¿Qué pasabas de contrabando, que nunca pudimos descubrirlo? - Asnos - contestó Nasrudin."


Máis pelis :

DANS LA MAISON

Claude , o perverso e talentoso adolescente, convértese en Sherezade. Lembroume a un alumno que tiven hai moitos anos, igual de talentoso. Tiña unha mirada tan profunda sobre a realidade e o contaba de tal xeito, que eu tamén agardaba impaciente cada entrega. Nunha ocasión escribiu que o seu pai se enfadara tanto que o Cristo se lle puxera  de punta. Tardei un chisco en comprender: o pai levaba unha cadea  cun cristo moi apretada, e ao tensárselle o pescozo o Cristo poñíaselle erecto.
LE PRÉNOM


Divertida e crítica. Recordoume a Un Dios salvaje de Polansky. O que se oculta baixo a nosa apariencia tan "civilizada".




BLANCANIEVES

Beleza en blanco e negro. Inesquecible.


E unha curta extraordinaria: LUMINARIS







Watch more video from the Top Picks channel on Frequency

Máscaras

¿Qué máscara nos ponemos o que máscara nos queda cuando estamos en soledad, cuando creemos que nadie, nadie nos observa, nos controla, nos escucha, nos exige, nos suplica, nos intima, nos ataca?" Ernesto Sabato Sobre héroes y tumbas




domingo, 18 de noviembre de 2012

AXEDREZ

"Somos tan complicados, nosotros, tan llenos de misteriosos resortes, de resonancias secretas, de alianzas y hostilidades, de encuentros y desencuentros… Jugamos un ajedrez casi demoníaco y maravilloso." 

Julio Cortázar

 

miércoles, 14 de noviembre de 2012

sábado, 10 de noviembre de 2012

jueves, 1 de noviembre de 2012

UNIVERSO CUNQUEIRO I: polos camiños da Bretaña.



La Llorona by Beirut on Grooveshark


" O estudo non se mide polo número de páxinas lidas nunha noite, nin pola cantidade de libros lidos nun semestre. Estudar non é un acto de consumir ideas, senón de crealas e recrealas" Paulo Freire .

"A carroza " traballo realizado por alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Leliadoura, coordinados polos Departamentos de Educación Plástica e visual e Lingua Castelá.
































Xa estamos en ruta.
Subidos á carroza na compaña do Sochantre de Pontivy e dos outros pasaxeiros do sobremundo ("difuntos vespertinos, pantasmas, hostes cabaleiras, ánimas remitíndose de obrigas"), percorremos os camiños da Bretaña, terra onde "a máis pequeniña fror que nasce en abril, á beira dun camiño, non sabe si vai ser levada ao cabelo dunha nena ou tripada polo pé dun esquelete que brinca dianteiro na hoste".
Nestas  terras , onde mortos e vivos conviven en armonía, comeza a nosa viaxe prometida polo universo cunqueirán. Será toda unha aventura, preñada de seres entrañables saídos do maxín deste gran fabulador.

Este primeiro trimestre coñecemos aos seres de ultramundo que viven nas páxinas das Crónicas do Sochantre : Mamers o Coxo, o finado de Quelven, o médico Sabat, o verdugo de Nancy, Guy  Parbleu ou a encantadora Madame de Saint-Vaast. Escoitaremos unha e outra vez as  historias nocturnas desta "compañía de réprobos, pantasmas, aforcados e sombras"  , compartiremos con eles unha pipa de cerveza e un bo xamón adobado con pimenta porque os mortos "non poden comer pan trigo, nin cousa que leva sal ou aceite, nin beber viño" pero son mortos moi vitais , cheos de humanidade, amantes da boa mesa e da boa compaña, que seguen gozando da vida na morte . E nós con eles, con este batallón de xente pacífica que o noso "Tim Burton galaico", o inefable Don Álvaro, describe con tanta tenrura.


"O escribano de Dorne, que parecía coñecedor daquela pousada, guióu á hoste ao alpendre da esquerda, e alí apousentaron en roda, e visto que o coronel demorábase, comenzaron unha cea de arenques afumados e sidra doce, e un entremedio de ovos cocidos. O sochantre mercara en Huelgoat unha peza de pan centeo, e cortaba unhas codas mui sabrosas, de costas pra o médico Sabat, que era mui apetecido."

"A xerra de cerveza andaba de man en man e de boca en boca. O señor sochantre facíase un algo de forza pra pór os seus beizos por onde bebían os mortos, e quen partía o xamón era o médico Sabat, que por certo toraba con moito xeito cun grande coitelo gascón. Mui depreso de pimenta, non se lle botaba en falla ao xamón sal. Os difuntos rillaban a modo, caladamente, uns de pe, outros sentados no chan e madame de Saint-Vaast, mui envolveito o busto no seu boá de prumas coloradas, no cabás de monsieur de Nancy."

"Pra que me tirase pola cerveza comín uns arenques afumados e un pouco de queixo de Fougéres, e descabecei un sonico, do que despertéi que me apuraban augas menores."


No segundo e terceiro trimestre continuará a nosa viaxe por este fantástico universo cunqueirán. Deixarémonos seducir polas historias de Merlín e Simbad . Coñeceremos aos menciñeiros e os seus incribles relatos. E  CRearémolos e RE-crearémolos, (como non?). Alomenos esa é a nosa intención. Poblaremos o Leliadoura de  monstros de dúas cabezas, centauros, sereas , bolimartes. gatipedros, e demáis fauna máxica. E o faremos, contra vento e marea. Contra recortes non só de recursos, senón do tempo necesario para que profesores e profesoras poidamos coordinar e planificar un  traballo como éste. A ilusión non nola poden recortar.

Será un pracer poder compartir con todos vós esta viaxe delirante.


"Bretaña é unha terra mui apenedada pola banda do mar, namentras por onde se apega a Francia ábrese en longas chairas, estreitas valiñas e ledos outeiros . É terra mui viciosa de camiños, porque nela, amén da xente natural do sobremundo, andan doados e mui alertantes pasaxeiros, xentes das soterradas alamedas, difuntos vespertinos, pantasmas, hostes cabaleiras, ánimas remitíndose de obrigas; as máis delas, xentes pasadas ás que algunha peta non deixa sosego. (...)

 Os vivos en Bretaña coñecen si os aers que corren son difuntos ou non, e quítanlle o sombreiro a unha brisa de maio, porque aduviñan que é a fermosa Ana de Combourg que pasa sorrindo por entre as ponlas verdes das abidueiras. Mozos hai que se namoran dun áer."







"Madame de Saint-Vaast era, en verdade, unha muller mui fermosa, branca como neve fina, os beizos dúas longas liñas roxas graciosamente curvadas, o seo abondoso e de sereo latexar, sucado por un enramo feliz de veíñas verdes; na seda azul da chambra, os botonciños parecían dúas gotas de sangue. O sochantre non sabía como quitar dalí os ollos"

Madame Clarine de Saint- Vaast



"E determinei entre min enveliñar  a miña irmá, indo a Audierne de visita, a buscar un descanso. Galván, o menciñeiro, deume por unha libra de ouro catro graus do veneno que chaman “tanatos umbrae”, preparados para esleir en papas de millo, que era o almorzo máis gustoso de Ana Eloisa."
"Tapaba madame de Saint-Vaast  o rosto coas mans, dous arboriños de dez ponliñas de marfil transparente, e salaiaba."

"I entón eu poderei ir a miña campa, no vello camposanto de Audierne, tan a carón do mar, que trais os temporás de marzal téñense atopado peixes nos nichos. I eu non quero máis que durmir, durmir, durmir..."


O Sochantre de Pontivy

" Charles Anne Guenolé Mathieu de Crozon, máis coñecido como sochantre de Pontivy, naceu o día de San Come, do ano mil setecentos setenta e dous, na vila de Josselin, na doce ribeira do río Oust, en Bretaña de Francia. O seu pai era daqueles máis naturais De Crozon do soar de Paimpont, que gozaban -por privilexio con patente- do dereito a correr cun pano verde polas rúas de Rennes berrando, que viña o Rei, cando o Cristianísimo escribía que ía visitar Bretaña, aínda que despois non o fixese. Tiña de vidro o ollo esquerdo, e tallárallo en Chartres un alemán: era unha lucida peza azul con fibras de ouro. A súa nai procedía de Angers, dunha familia de maxistrados; era unha mulleriña moi bela, pequeniña, de pouca saúde; para curala dun flato suspenso que lle quedou dun mal parto, o médico receitáralle augardente con quina, e despois de tomarse o gusto á medicina, afeccionouse á bebida; morreu ao pouco tempo, cando Charles Anne, o seu único froito logrado, contaba once anos de idade."
"¿E qué lle querían a el ao probe sochantre da Colexial de Pontivy, sempre aterecido de frío, sempre aloumiñando soños que nunca se cumprían, tocando o seu bombardino nos enterros e coro, contando a escuso os seus poucos luises de ouro, por toda luxuria apertando cada mañán as rizadoras de madame Clementina, por toda gula unha tortilliña de herbas finas e unhas troitas empanadas? ¿Non houbera sido millor que aquel sono que o collía polas noites, cáseque sempre cando ceaba alfo de máis, carne salpresa con repolo e salchichas, poño por caso, e que figuraba á artilleira da casa paterna, colléndolle o bombardino ao pe do leito, o bombardino que xa era un cañón que medraba e medraba, i estoupaba con estrondo, i el espertaba asustado e berrando porque a metralla esfarelárao, se tivera cumprido?."



"Madame de Sait-Vaast poñíase colorada, e ao señor Sochantre apertábaselle algo no corazón e apostábaselle un bolo na gorxa ¿Andaría el a namorarse dunha difunta? ¿E quen diría que fose unha difunta tanto morno brancor, tanto garimoso mirar? Tiña ela un aquel de saca a pontiña da lingua e amollar os beizos, primeiro o de enriba e despoixas o de embaixo, e De Crozon, que ollaba entornado, por non dar máis que falar ao escribano, sin decatarse repetía a monica, i ela entón erguía máis a cabeza e fitaba pra o Sochantre mui serea, como dándose por apreixada nun bico que nin siquer ousaba saír ao áer"
"Madame de Saint-Vaast cruzou os brazos debaixo da cachola, i escorréronselle as mangas pompelanas, e asomaba aquela soave albura mesmo nos ollos do sochantre. Ao sochantre, de neno, a artilleira cortáballe as pestañas, pra que lle medrasen, e medráronlle abofé mui lucidas e longas, e o noso De Crozon foise quedando agora adormecido pensando que si erguía un chisco a cachola podería facerlle á madame unhas cóxegas cáseque mesmo no sobaquillo. A aventura púxolle unha sorrisa nos beizos denantes de adormecer de vez. Soñou que madame vivía con el na pumariña de Quelven, e que lle arrincaba as pestañas pra tecer con elas un cordón pra o corsé. E ao sochantre gustáballe que llas quitase."



http://books.google.com/books?id=4Q7CxKhRCUgC&lpg=PP1&ots=CFCoibT6x9&dq=cunqueiro&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false
Tradución ao castelán das Crónicas do Sochantre.
a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxsZWN0dXJhc2hpc3BhbmljYXNsaWJyb3N8Z3g6Njk1MmFlMDg3YjQyYzY5Nw