A serpe , como o escaravello dourado de Jung , manifestouse no mundo externo.
Fixo unha longa viaxe desde as profundidades do inconsciente ao noso mundo exterior.
Reptou incansable por camiños misteriosos ata atravesar a porta que separa os dous mundos.
Foi hai uns días. No soto da noso casa (como non).
Coincidiu sincrónicamente coa entrada que fixen sobre kundalini.
Cousas que pasan.
Como non a matamos, malo será que apareza unha maior.
Amigos, tende coidado cando sentedes na taza do inodoro. O susto pode ser morrocotudo, en Narón xa levaron máis dun susto. JU
ResponderEliminarSabía que nn poderías resistirte. Púxencho a huevo.
ResponderEliminarTranqui, tronco. É amiga e ven en son de paz.Ademais a esta amiga nosa non lle molan os inodoros. Prefire a vida ceibe .
Ti xa sabes da miña debilidade por estes benéficos seres. Esta ten nome e todo. Como os porcos amigos de Montemuiño. É o que ten a vida salvaxe.
Sei de un que cando nos visite xa non usará o WC cando o precise. Porque o que ten cú ten medo. Normal.
De tódolos xeitos, grazas...por existir.
Exacto.
ResponderEliminarO que ten cú, ten onde sentarse por medo a caer. JU